Publicador personalizado
« Atrás

AS PISTAS DE ATLETISMO DA VEIGA RECOBRARÁN VIDA GRAZAS A UN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE CERVO E AS ESCOLAS DEPORTIVAS DE LOURENZÁ A FIN DE PROMOVER A PRÁCTICA DESTA DISCIPLINA ENTRE AS CRIANZAS

 

AS PISTAS DE ATLETISMO DA VEIGA RECOBRARÁN VIDA GRAZAS A UN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE CERVO E AS ESCOLAS DEPORTIVAS DE LOURENZÁ A FIN DE PROMOVER A PRÁCTICA DESTA DISCIPLINA ENTRE AS CRIANZAS

O rexedor, Alfonso Villares e o edil de Deportes, David Rodríguez, mantiveron un encontro coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e co presidente das Escolas de Atletismo, Pablo Maseda, no que perfilaron os detalles da cesión das instalacións, que xa é efectiva; e que terá vixencia ata o 31 de decembro de 2021, con carácter prorrogable.

O Concello de Cervo e as Escolas Deportivas de Atletismo de Lourenzá veñen de asinar un convenio de colaboración co obxectivo “de promover e fomentar a práctica do atletismo, que está moi arraigada nesta localidade veciña, entre a os/as pequenos/as do noso municipio”.

Así, o rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, mantiveron un encontro coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e co presidente das Escolas, Pablo Maseda, no que perfilaron todos os detalles sobre a cesión das pistas de atletismo do Complexo da Veiga durante a tempada deportiva; que poderán ser utilizadas por esta entidade para as competicións, torneos, adestramentos e exhibicións que o requiran.

Tal e como explicaron, con esta cesión, cunha vixencia inicial ata o 31 de decembro con carácter prorrogable, “logramos que as pistas municipais de atletismo recobren vida e dámoslle á oportunidade ás crianzas de Cervo de poder iniciarse nunha disciplina deportiva que se adapta ás habilidades de cada pequeño/a”, e que reforza a capacidade pulmonar, axuda ao desenvolvemento dos ósos, músculos e articulacións; e é un gran aliado para mellorar a axilidade e a resistencia, entre outras moitas vantaxes.

As instalacións municipais do Complexo Deportivo da Veiga dispoñen de 6 rúas de 400 metros de lonxitude, para a práctica deste deporte.

Desde o Concello de Cervo precisan que se hai algún pequeno/a interesado/a na práctica do atletismo, de entre 7 e 15 anos, que se poña en contacto coas dependencias municipais para recibir toda a información necesaria para poder participar nos adestramentos e nas actividades que se programen (982 55 77 77).

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa