Publicador personalizado
« Atrás

INFORMACIÓN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE CERVO

INFORMACIÓN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE CERVO


Tal e como informa o edil de Deportes, David Rodríguez, e ante as novas medidas de prevención fronte ao COVID-19 que tan só permiten a realización de deporte individual ao aire libre e sempre usando máscara, desde o pasado mércores, 26 de xaneiro, permanecen pechados/as:

- A piscina municipal (salvo no caso excepcional do alumnado do Ciclo de Grao Superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva cuxa formación práctica require do uso desta instalación)

  • - ximnasio municipal
  • - O Complexo Deportivo da Veiga
  • - No caso das ESCOLAS DEPORTIVAS INFANTÍS, quedan suspendidas as clases presenciais, pero ofertaranse actividades dirixidas por vía telemática para que os pequenos poidan seguir facendo exercicio desde a casa
  • - No caso das ESCOLAS DEPORTIVAS DE ADULTOS, quedan suspendidas as clases presenciais, pero ofreceranse sesións de pilates, zumba e ximnasia de mantemento a través dunha plataforma virtual  para que as persoas usuarias poidan seguir coa súa rutina desde a casa cos seus monitores.

  • Ante calquera dúbida contactar co teléfono 982 55 77 77 en horario de mañá

  • Durante este tempo o Concello de Cervo non emitirá ningún recibo ás persoas usuarias destes servizos e instalacións municipais 
Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa