... ...


Introdución
Cervo conta con instalacións deportivas, escolas deportivas municipais e con actividades necesarias para a práctica deportiva. Preocupámonos por fomentar a práctica do deporte e conseguir disminui-lo índice de sedentarismo, logrando uns hábitos saludables e deste xeito combatir os problemas de saúde que poidan afectar a cidadanía.

Instalacións deportivas
Contamos cun amplio abanico de instalacións que permiten os cidadáns practicar diferentes modalidades deportivas. A Piscina Olímpica Municipal de Lieiro, o Pavillón Municipal de Deportes de A Veiga, a pista de pádel, a pista de skate e o complexo do Clube Deportivo de Rio Cobo con pistas de tenis, squash e piscinas son claros exemplos disto.

Pavillón Municipal de Deportes
Este pavillon situado na zona deportiva de A Veiga e inagurado no ano 2004 conta cun aforo de 440 persoas sentadas e cunha pista de tarima flotante que permite a práctica de diferentes deportes. Sinalar que as súas instalacións están adaptadas para as persoas con discapacidade. As Escolas Deportivas Municipais fan uso deste pavillón na maioría das súas actividades.

Estadio Municipal de A Veiga
Un estadio que conta cun campo de futbol con medidas reglamentarias (100 x 62) e cunhas pistas de atletismo de 400 metros de lonxitude, ocupando todo isto unha superficie que sobrepasa os 19.000 m².O seu graderío permite un aforo de 500 persoas.O Club Deportivo San Ciprián fai uso destas instalacións e exerce como equipo local o longo de toda a tempada.

Piscina Olímpica Municipal de Lieiro
A única piscina da provincia de Lugo e unha das poucas en Galicia coa condición de olimpica atópase no noso Concello, concretamente no barrio de Lieiro. Falamos dunha piscina respetuosa co medioambinete, xa que para o quencemento da auga do vaso e a auga sanitaria non emprega enerxia eléctrica ni combustible, ó aproveitar en ditos quencementos un fluido (condensado) procedente da cercana empresa productora de aluminio ALCOA. Homologada para competicións deportivas convértese nunha instalación referente no eido da natación,permitindo un óptimo desfrute dos cervenses e da xente da comarca. Numerosos clubes de España entrenan ó longo do ano nesta piscina.

Pistas Municipais de Padel
O padel é un deporte que nos tempos de hoxe está de moda e que máis éxito esta tendo na última década. Na actualidade o pádel convirtiuse nunha práctica deportiva apta para tódalas persoas, permite pasar un intre en compañía dos amigos e non se trata dun deporte que requira conseguir un alto nivel de técnica para disfrutar xogando, de ahí que sexa unha practica que "engancha".O Concello de Cervo conta con 2 pistas de padel no complexo deportivo da Veiga e 1 no Polígono de Cuiña.

Pista de skate
Para os apasionados o deporte sobre rodas, na zona de A Veiga, preto da estación de trens da localidade de San Ciprián, contamos cunha pista de patinaxe de 510 m² que conta con diferentes tipos de rampas.Se o que desexas é iniciarte neste deporte xa sabes onde podes dar os teus primeiro rodaxes.

Clube Deportivo Riocobo
O Clube Deportivo Rio Cobo é un complexo deportivo que se atopa ubicado entre as duas principais poblacions do concello: Cervo e San Ciprián. Conta coas únicas pistas de tenis e squash que hai no municipio e con duas piscinas descubertas nun entorno axardinado e que permite o desfrute das mesmas nun clima de tranquilidade e relaxación. ¡Se ainda non coñeces estas instalacións, entra neste apartado e descubreas, porque estamos agardando por ti!.

Novas
Entra aquí e coñece a actualidade deportiva do noso concello, consulta as actividades, eventos,novas, programacións e ofertas deportivas deseñadas para todos vos.
Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa