"CERVO A CARÓN DO MAR"
O proxecto ten como obxectivo a posta en marcha dun plan de actividades para contribuír á dinamización turística de Cervo, favorecendo, a través do impulso de diferentes accións de carácter innovador e creativo, o protagonismo dese turismo mariñeiro tan importante e representativo para a contorna.
As actividades que se engloban no proxecto -a Festa do Ourizo, a promoción do Sendeiro Azul O Torno, a edición dun libro recetario do ourizo e diferentes xornadas educativas e de divulgación ambiental- poñen pois en valor, de xeito integrado, os recursos pesqueiros e o patrimonio costeiro do Concello; e no seu conxunto outorgan un valor engadido a esta zona tan vencellada ao mar; sendo ao tempo un reforzo para a economía da zona.

