Novas
« Atrás

O PAVILLÓN DA VEIGA ACOLLERÁ O III TORNEO DE VOLEIBOL "CONCELLO DE CERVO" O SÁBADO 27 DE MAIO

 

 

  • Será no Pavillón da Veiga durante toda a xornada
  • Participan o EDM Cervo, o C.D. Aldebarán San Sadurniño, o C.V. Narón Volea e o C.V. Emeve Lugo
  • Xogaranse 12 partidos, nas categorías Infantil e xuvenil feminino, e xuvenil masculino

O Pavillón da Veiga acollerá o III Torneo de Voleibol “Concello de Cervo” o sábado 27 de maio.

A cita foi presentada no propio escenario da competición, no Pavillón da Veiga, polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, e unha representación das tres categorías de voleibol que hai no seo das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Cervo: Infantil e xuvenil feminino, e xuvenil masculino.

Ao longo de toda a xornada xogaranse 12 partidos de xeito practicamente ininterrompido nas categorías infantil e xuvenil feminino, e xuvenil masculino.

No campionato participarán o EDM Cervo, o C.D. Aldebarán San Sadurniño, o C.V. Naron Volea e o C.V. Emeve Lugo.

Haberá trofeos e medallas para os participantes.

Unha das disciplinas que promoven as Escolas Deportivas Municipais do Concello de Cervo é o voleibol, que a día de hoxe conta con preto de 30 rapaces adestrando, nos tres equipos que se formaron.

Tal e como sinalaron Villares e Soto “a filosofía deste equipo de Goberno é  promover a actividade deportiva no seu conxunto, e vemos que o voleibol, que de entrada pode parecer un deporte minoritario, está a gañar adeptos ano tras ano entre a xente moza, boa mostra diso é que este mesmo curso, froito da demanda existente, configuramos un novo equipo xuvenil masculino”.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa