Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ACOLLERÁ A I KKD MULTIMARCA ASTUR-GALEGA, O SÁBADO 27 DE MAIO

 

  • Será no Polígono de Cuíña, de 10:00 a 22:00 horas
  • É unha cita organizada conxuntamente con SoloVag Galicia e Astur-Vag
  • Haberá exposición de todo tipo de vehículos, exhibición de 4*4, e moitas máis sorpresas

O Concello de Cervo acollerá a I Quedada (KKD) multimarca Astur-Galega o sábado 27 de maio.

A cita, programada conxuntamente con SoloVag Galicia e Astur-Vag, foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, e varios dos organizadores.

A actividade terá lugar no Polígono de Cuíña, dende as 10:00 ata as 22:00 horas, e alí concentraranse todo tipo de vehículos, de todos os estilos (clásicos, racing, 4*4…).

A inscrición é gratuíta, e farase ese mesmo día nas propias instalacións.

Ao longo da xornada, ademais da propia exposición de vehículos, haberá probas de ruído, exhibición de 4*4, e moitas sorpresas e sorteos.

Haberá ademais entrega de trofeos ao grupo máis numeroso, ao coche máis antigo, ao condutor máis veterano, ao mellor 4*4, ao coche máis racing, ao máis personalizado, ao máis baixo, ou ao vehículo que veña dende máis lonxe.

A maiores, o recinto contará con diferentes stands, zona de acampada, DJ´S, bar móbil, pulpeira, churrasquería e zona infantil con inchables.

Dende a organización agardan recibir máis de 200 vehículos procedentes de toda Galicia e Asturias, e convidan a todo o mundo a visitar o recinto.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa