Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO COMEZA A SEGUNDA FASE DO PLAN DE ACCESIBILIDADE INTEGRAL QUE INICIOU NO CENTRO URBANO DE SAN CIPRIÁN

 

  • Os traballos comezaron hoxe e consistirán na eliminación de barreiras arquitectónicas e urbanísticas nun segundo tramo da Avenida da Mariña, cun presuposto de algo máis 98.000 euros

O Concello de Cervo iniciou hoxe os traballos correspondentes á segunda fase do plan integral de accesibilidade, que iniciou no centro urbano de San Ciprián.

En concreto, tal e como sinalou o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, que supervisou os traballos en compañía da edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, e do de Obras, Plácido Pérez, “hoxe mesmo comezaron as obras na segunda fase da Avenida da Mariña que é a vía principal do núcleo, que vertebra e une os diferentes espazos urbanos da vila e na que detectamos distintas problemáticas que dificultaban a circulación dos peóns”.

Deste xeito -engadiu- “son actuacións encamiñadas á eliminación de barreiras nos trazados das beirarrúas, dos pasos de peóns e das conexións entre vías, xestionando o estacionamento de vehículos e a colocación de mobiliario urbano a fin de favorecer o tránsito dos viandantes”.

Esta segunda actuación conta cun presuponsto de 98.154,58 euros, froito dun convenio asinado coa Consellería de Medio Ambiente e Ordanación do Territorio.

Villares recordou que no mes pasado rematamos os traballos da primeira fase que supuxeron un investimento de 92.000 euros, fondos aportados tamén pola Xunta de Galicia, a través, neste caso, da Consellería de Política Social.

O obxectivo que se plantexa pois, é ir adaptando gradualmente as rúas, para mellorar a accesibilidade e facilitar a mobilidade dos peoóns, creando uns centros urbanos moito máis humanizados, e mellorando os espazos públicos co fin de que todos os veciños podan gozar do entorno de xeito libre, seguro e o máis autónomo posible. 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa