Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CELEBRARÁ O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CO CONCERTO DA ARTISTA GUADI GALEGO

 

  • Será ás 20.00 horas, no Auditorio da Casa da Cultura
  • O Grupo infantil municipal de Teatro PimPim, será o encargado de presentar a actuación cunha homenaxe a Carlos Casares
  •  

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, celebrará o Día das Letras Galegas, o 17 de maio, cun gran concerto a cargo de Guadi Galego, ex vocalista do grupo Berrogüeto e hoxe xa en solitario, un dos referentes do panorama musical galego.

A cita será ese día, mércores 17 de maio, ás 20:00 horas, no Auditorio da Casa da Cultura, e a entrada será, como é habitual na programación cultural do Concello, de balde.

A edil de Cultura, Dolores García Caramés, presentou esta tarde o evento, en compañía dos membros do Grupo Municipal de Teatro Infantil PimPim, que exercerán de “teloneiros” da artista, realizando unha homenaxe ao protagonista deste ano das Letras Galegas, Carlos Casares, sobre o que, tal e como apuntou Caramés “estamos a traballar intensamente estes días, con moitísimas ganas e ilusión por parte dos máis pequenos, que tamén queren sumarse á celebración deste Día aportando o seu graniño de area”.

O 17 de maio –engadiu- “é un dos días grandes de Galicia, e que mellor xeito de celebralo que coa música e as Letras, desta gran artista, que logra encher de maxia cada escenario ao que se sobe”.

Guadi Galego presentará en San Ciprián, o seu último traballo O mundo está parado, que é o seu terceiro disco en solitario.

Son dez temas que viaxan entre o personal e a reflexión colectiva sobre cuestións como a identidade ou a coherencia. Seis deles da súa autoría, tres de Carlos Abal e un de Pachi García, que exerce novamente, como produtor musical.

“Somos afortunados de poder contar con esta artista neste día tan sinalado, e convidamos pois, a todo o mundo  a gozar deste Concerto único que, de seguro,  non deixará indiferente a ninguén, que conta ademais co engadido de poder ver a este grupo de pequenos artistas que temos no Concello”, finalizou.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa