Novas
« Atrás

OS TRABALLOS DE ACONDICIONAMENTO DO CAMIÑO DOS PUXIGOS EN RÚA CONTAN CUN ORZAMENTO DE 12.000 EUROS

 

 

A actuación enmárcase no Plan de Melloras de camiños municipais da Xunta de Galicia

  • Villares destacou a importancia do sector da madeira no municipio e tamén quixo lanzar unha mensaxe recordando que “dende o Concello seguimos e seguiremos de preto a súa actividade co obxectivo de velar, entre todos, pola conservación dos camiños rurais para uso e desfrute do conxunto dos veciños”

O alcalde de Cervo, Alfonso  Villares e o edil de Obras, Plácido Pérez, desprazáronse ata a parroquia de Rúa, onde, acompañados polo alcalde pedáneo da parroquia, Ramón Alemparte; e polos representantes da Asociación de Veciños, Antonio Pacheco e Antonio Villarquide, supervisaron os traballos de acondicionamento que se están a acometer nunha pista rural, en concreto no chamado Camiño dos Puxigos.

Foi unha actuación consensuada entre a propia Asociación de Veciños e o Concello, que se enmarca dentro do Plan de mellora de camiños municipais da Xunta de Galicia.

As obras, que contan cun orzamento de 12.000 euros, consisten na roza e limpeza do camiño, dotándoo dun firme granular; unha pista que tal e como sinalou Villares “estaba moi deteriorada polas inclemencias climatolóxicas, o paso do tempo; e mesmo polo transito da maquinaria forestal”.

O rexedor apuntou que estes traballos van na líña que vimos trazando dende o Concello “para dotar ao noso rural dos maiores servizos posibles, contribuíndo tamén así a vertebrar as nosas parroquias; porque estas pistas, aínda que fundamentalmente son empregadas para aproveitamento forestal; tamén son utilizadas por moitos veciños e veciñas da zona”.

Villares quixo tamén lanzar unha mensaxe dirixida ao sector da madeira, que empregan regularmente este tipo de camiños para o desenvolvemento da súa actividade, recoñecendo a importancia do seu traballo e o peso siginificativo que ten tamén no noso Concello; “pero recordar que estamos e estaremos vixiantes para, entre todos, velar pola conservación dos nosos Camiños rurais; instándoos a que empreguen a maquinaria axeitada en función da pista na que estean a traballar, e incidindo en que sexan coidadosos con elas e coa contorna; co fin de que ao remate da actividades estas pistas queden en perfecto estado para uso de todos”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa