Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO AMPLÍA AS BOLSAS DE FORMACIÓN XUVENÍS REMUNERADAS ATA OS 18 MESES

 

 

  • Ata o de agora, os rapaces podían beneficiarse deste plan financiado integramente con fondos municipais durante un ano como máximo
  •  
  • O orzamento de 2017 recolle unha partida de 200.000 euros para iniciativas de fomento do emprego xuvenil como estas bolsas en convenio coa Universidade, “coas que brindamos aos rapaces de Cervo unha primeira experiencia no mundo laboral relacionada coa súa formación, que pretende ser un reforzo importante para a súa inserción no mercado de traballo”

O Concello de Cervo, a través da delegación de Educación, e logo de realizar diversas xestións cos responsables de diferentes fundacións da Universidade Galega, ampliará as bolsas de formación xuvenil ata os 18 meses; conseguindo prolongar así no tempo a estadía dos mozos e mozas que están a desenvolver a súa aprendizaxe práctica remunerada nos diferentes campos e departamentos da Administración Local, e que ata o de agora só se podían beneficiar deste plan durante un ano como máximo, “co fin así de dilatar a súa relación co mundo laboral real e reforzar a súa aprendizaxe; para que adquiran as máximas competencias para enfrontarse a un mercado laboral cada vez máis esixente”.

O rexedor, Alfonso Villares, destacou que a experiencia do Concello de Cervo con este programa resultou dende o primeiro momento máis que enriquecedora e fructífera, entendemos que para todas as partes implicadas, xa que “lles podemos ofrecer aos rapaces unha primeira oportunidade nunha contorna laboral real, e, ao tempo que completan a súa formación, eles tamén nos brindan un importante reforzo en moitos dos departamentos do Concello, contribuíndo así tamén a mellorar a calidade dos servizos que prestamos aos nosos veciños polo que entendemos, e así lle lo trasmitimos tamén a eles, que a súa aportación está a ser fundamental; dende o ano 2013 que decidimos poñer en marcha esta inciativa, en colaboración coa Universidade Galega”.

Villares tamén apuntou que estas bolsas de formación tamén agardamos que sexan un incentivo para a xuventude do noso Concello; e unha motivación para que se formen; “tendo en conta que aquí lles podemos ofrecer esa primeira toma de contacto co mundo laboral; no que poderán poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante a súa carreira ou curso de FP e desenvolver a súa habilidades”. 

Ata o día de hoxe foron 74 os rapaces e rapazas os que recibiron formación práctica remunerada nos diferentes departamentos do Concello, como son a sección  de informática, intervención, tesourería, contabilidade, secretaría, medio ambiente, turismo, educación para a saúde, servizos sociais, policía local, no departamento de persoal, na Escola Infantil ou no departamento de obras, entre outras.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa