Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO INICIOU AS OBRAS DE SANEAMENTO DO NÚCLEO DA PENA, NA PARROQUIA DE SAN ROMÁN

 

 

Os traballos contan cun orzamento de preto de 40.000 euros

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, acompañado do edil de Medio Rural, Plácido Pérez, da concelleira de Medio Ambiente, Manuela Méndez, e do alcalde pedáneo Antonio Vila; supervisou este mediodía os traballos de saneamento que veñen de iniciarse no núcleo da Pena, na Parroquia de San Román.

A obra conta cun presuposto de algo máis de 39.000 euros, procedentes do Fondo de Compensación Ambiental, da Xunta de Galicia.

A actuación pretende dotar do servizo de saneamento á zona do Cemiterio, no núcleo da Pena. Para elo, procederase á construción dun colector que dicorrerá, na súa maior parte, pola cuneta do viario municipal de acceso ao cemiterio e entroncará nun colector existente que discorre pola marxe esquerda da estrada provincial Lu-1505; e que se conectará na depuradora que dá servizo ao núcleo da Senra.

Villares destaca que se trata dunha actuación importante para os veciños desta parroquia, “son obras que non se ven, que están soterradas, pero que son moi necesarias para seguir a mellorar a calidade de vida dos cervenses, neste caso en beneficio daqueles que viven no rural, e para nós é primordial “que as inversión cheguen a cada recuncho do noso municipio que o precise, e dende o Concello traballamos decididamente para elo”, engadiu.

Son traballos que se corresponden cunha segunda fase do saneamento de San Román, que se veñen a sumar aos que se levaron a cabo o pasado mes de febreiro e que contaron cun orzamento de algo máis de 57.000 euros.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa