Publicador de contidos Publicador de contidos
« Atrás

O ENCORO DE RÍO COBO ACOLLEU A FIN DE SEMANA O NACIONAL DE MOTONÁUTICA POR RADIOCONTROL TÉRMICO

Na cita participaron medio cento de embarcacións

O Concello de Cervo acolleu esta fin de semana e por terceira vez, o campionato de España de motonáutica por radiocontrol térmico. Na cita, que tivo lugar no Encoro de Río Cobo, participaron medio cento de embarcacións, e unha vintena de pilotos procedentes de Cantabria, Valencia, Castellón, Madrid, Andalucía e Galicia.

Villares e Soto quixeron agradecer a súa participación a todos cantos se achegaron ao Encoro para disputar a carreira, e felicitaron aos gañadores e campións de España, destacando “que esta proba é unha boa oportunidade para aproveitar de xeito diferente os nosos recursos e unha plataforma para dar a coñecer os múltiples atractivos de Cervo a pilotos e acompañantes; ao tempo que lles brindamos á nosa veciñanza unha oferta lúdica-deportiva ampla e diversificada”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa