Publicador de contidos Publicador de contidos
« Atrás

O CONCELLO PROGRAMA UNHA NOVA EDICIÓN DE AVÍVATE EN CERVO

A iniciativa xove está composta por 6 actividades, entre elas un curso de monitor de tempo libre, un de manipulador de alimentos e outro de primeiros auxilios

  • Villares destacou que “tentamos ofrecer aos rapaces todas as ferramentas que estean na nosa man, para complementar e reforzar a súa formación e mellorar a súa empregabilidade, nun mercado laboral cada vez máis competitivo e que demanda maior cualificación”

O Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, pon en marcha a II edición do Programa Avívate en Cervo, dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, logo da boa acollida que tivo na pasada edición.

O programa, que comezará o 2 de xullo, engloba un curso de monitor de tempo libre, un curso de manipulador de alimentos e un terceiro de primeiros auxilios, como actividades principais.

A iniciativa completarase cunha visita á Escola Infantil Municipal onde as persoas participantes recibirán unha charla sobre o seu funcionamento; que terá lugar o 8 de agosto. Tamén está programado o obradoiro “Non desesperes…Relax”, que é unha xornada de ioga impartida por unha especialista na Casa do Mar de San Ciprián.

As inscricións son de balde e as prazas son limitadas. As persoas interesadas deben formalizala na Casa da Cultura ou no Concello antes do 28 de xuño.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, sinalou que o que se pretende “é traballar para tentar ofrecer aos nosos mozos todas as ferramentas que estean na nosa man, para complementar e reforzar a súa formación e mellorar a súa empregabilidade, nun mercado laboral cada vez máis competitivo e que demanda maior cualificación”

O rexedor convidou, así mesmo, a todos os rapaces a que se sumen a estar propostas e que aproveiten o tempo de lecer ao máximo, “porque entendemos que estes proxectos constituirán un importante apoio para o seu futuro e desenvolvemento persoal e profesional”.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa