Publicador de contidos Publicador de contidos
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO XA TEN O VISTO BO DE PATRIMONIO PARA DESTINAR OS LOCAIS HABILITADOS EN SARG

Sairán a concurso 5 habitáculos, ademais dun espazo anexo exterior, con cuberta de madeira, de 100 m2

Os beneficiarios terían que facer fronte a un aluguer duns 20 euros ao mes “sempre que dean cumprimento a uns requisitos que son moi accesibles”

O Concello de Cervo xa ten o visto bo da dirección Xeral de  Patrimonio ao novo prego que foi redactado para a cesión en réxime de arrendamento dos locais habilitados no antigo edificio das Cabalerizas, en Sargadelos, cuxa principal novidade é que agora calquera persoa emprendedora e que contribúa a dinamizar o Conxunto Histórico poderá optar a un destes espazos.

Así o anuncio o rexedor, Alfonso Villares, quen explicou que agora enviaremos este documento a exposición pública; e aquelas personas insteresadas en formar parte deste proxecto xa poderán presentar as súas propostas.

Os cinco locais que sairán a concurso –un deles xa foi adxudicado a un emprendedor da rama da alimentación- poderán ser destinados a calquera actividade comercial relacionada co sector artesanal que segue a ter prioridade; pero tamén cos produtos ecolóxicos, co sector turístico, coa hostalería, co sector educativo, terapéutico ou con calquera outra actividade relativa ao sector terciario.

Vilalres recordou, así mesmo que, ademais dos 5 locais aínda sen adxudicar, tamén sacaremos a concurso un espazo exterior anexo ao Edificio das Cabalerizas, con cuberta, e de 100 m2, “que cremos que  pode ser un complemento importante a todo este recinto”.

O alcalde fixo fincapé nas condicións da cesión dos locais polos que os interesados pagarán uns 20 euros de media ao mes “unha cantidade que se pode considerar case simbólica tendo en conta as características dos espazos e a súa ubicación nun lugar privilexiado e moi frecuentado por veciños e visitantes”.

Así mesmo, o alcalde puntualizou que cada local terá un canon anual medio, cumprindo a normativa, que vai dende os 1400 aos 2200 euros, en función das cartacterísticas do mesmo. Pero recordou que nos propios pregos se recolle que dende o Concello imos  establecer bonificacións de ata o 90%; “polo que os emprendedores que se instalen no Conxunto Histórico, e  que cumpran cunhas condición que son moi accesibles, terían que facer fronte a unha taxa anual duns 200 euros de media”.

Entre os criterios avaliables están, por exemplo, os días da semana e as horas en que estará aberto ao público. Así, recibirán o máximo de 20 puntos aqueles que abran todos os días da semana, sen ter en conta os domingos e festivos; e 8 horas diarias. Tamén se valorará a programación anual de acción ou as actuacións socioculturais que contribúan a promocionar a contorna, como charlas, conferencias, exposicións…; aquel emprendedor que desenvolva máis de 3 programas ao ano recibirá a puntuación máxima de 20 puntos.

Segundo o tipo de actividade, como se dixo con anterioridade, seguirá a primar o sector artesanal ou a venda de produtos ecolóxicos que terán 10 puntos; e as relacionadas co sector turístico, da hostelaría, educativo ou terapéutico, recibián 8 puntos. Tamén se valorará o carácter innovador do proxecto que se presenta; entre outros aspectos.

O alcalde e a edil de Turismo e Emprego, Manuela Méndez, estiveron visitando o Conxunto Histórico de Sargadelos, onde está ubicado este centro de Emprendemento, “unha zona que está declarada Ben de Interese Cultural (BIC); e que é un auténtico regalo da natureza formada por elementos únicos como o Paseo dos Namorados ou a Fervenza de Sargadelos, integrados nunha paisaxe que abraia a todos cantos a descubren”, apuntou Méndez.

Desde o Concello de Cervo, engadiu, somos conscientes de que este é un dos lugares máis representativos e senlleiros e por iso, “estamos continuamente pendentes de manter toda esta contorna na mellor das condicións, para que veciños e visitantes poidan desfrutar dun paseo único en plena natureza”.

A concelleira amosouse convencida de que o novo Centro de Emprendemento Comercial outorgaralle, sen lugar a dúbidas, un valor engadido a todo o Conxunto.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa