Publicador de contidos Publicador de contidos
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO SEGUE A TRABALLAR COORDINADAMENTE COS APICULTORES PARA TENTAR LOITAR CONTRA

No día de hoxe repartíronse 200 botes de atraínte de balde para a creación de trampas para capturar ás raíñas

O Concello de Cervo convocou a todos os apicultores do municipio para seguir a traballar conxuntamente co obxectivo de minimizar o impacto da vespa velutina.

Deste xeito, o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Medio Ambiente, Manuela Méndez e o de Medio Rural, Plácido Pérez,  mantiveron esta tarde un encontro con todos e todas no Salón de Plenos do consistorio, no que puxeron en común a situación actual das súas colmeas e a enorme incidencia desta especie invasora na tempada pasada.

Villares sinalou que “a nosa intención non é outra que a de seguir de preto e traballar man a man cos apicultores para afrontar esta problemática, tal e como levamos facendo desde o ano 2013 cando tivemos coñecemento da presenza da velutina no noso termo municipal; poñendo todas as ferramentas que temos á nosa disposición para tentar mermar a poboación desta especie invasora e protexer o traballo dos nosos apicultores e tamén das abellas; tanto coa retirada e neutralización de niños en canto temos coñecemento da súa existencia, como coa campaña de entrega de atraíntes de balde, que comezamos o ano pasado e que, tal e como nos trasladaron, está a ter a súa eficacia”.

No día de hoxe repartíronse de xeito equitativo e en función do número de colmeas, 200 botes entre a trintena de persoas apicultoras que hai no Concello de Cervo; o que supón un custe que rolda os 2000 euros.

Cada envase garante o mantemento da trampa durante un período de dous meses nos que seguiremos de preto a evolución das colmeas e estaremos moi pendentes da aparición de novos niños de velutina.

Os apicultores teñen á súa disposición un teléfono de contacto para traballar de xeito coordinado, por medio do que nos comunican a presenza de novos niños que poidan detectar; para así, desde o Concello, proceder a eliminalos canto antes.

O obxectivo, sinalou “é seguir estando, tal como vimos facendo desde que temos constancia da presenza desta especie invasora no noso Concello, ao carón dos nosos apicultores, e tentar protexer, na medida das nosas posibilidades, o seu traballo e o das súas abellas”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa