Publicador de contidos Publicador de contidos
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO OFERTA LOCAIS EN SARGADELOS HABILITADOS PARA O DESEMPEÑO DE CALQUERA ACTIV

 

 

O rexedor puntualizou que “a nosa intención é encher de vida o Conxunto Histórico Artístico e dinamizar toda esa zona; e, para favorecer a aquelas persoas emprendedoras interesadas, establecemos bonificacións de ata o 90%, para aqueles que se adapten a uns requisitos que son moi accesibles”

  • A día de hoxe hai un artesán da rama alimentaria que cumpre as condicións e que se instalará en datas próximas no recinto
  • Ademais dos 5 locais aínda sen adxudicar, tamén sairá a concurso un espazo anexo a esta edificación, exterior, con cuberta de madeira, de 100 m2

  • O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, informou de que xa foi enviado á Dirección Xeral de Patrimonio o novo prego que redactamos para a cesión en réxime de arrendamento dos locais habilitados no antigo edificio das Cabalerizas, en Sargadelos. Trátase dun documento cunhas condicións moito máis flexibles que permitirán a calquera persoa emprendedora e que contribúa a dinamizar o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos optar a un deste espazos.

Así, os locais poderán ser destinados a calquera actividade comercial relacionada co sector artesanal, que segue a ter prioridade; pero tamén cos produtos ecolóxicos, co sector turístico, coa hostelaría, co sector educativo, terapéutico ou con calquera outra actividade relativa ao sector terciario.

Villares recordou que ao anterior concurso só se presentou un artesán da rama alimentaria que xa ten adxudicado un dos locais; “pero sabemos que hai interese real por parte doutros sectores que agora poderán, se o desexan, formar parte do proceso”.

Tamén apuntou que, ademais dos 5 locais aínda sen adxudicar, tamén sacaremos a concurso un espazo exterior anexo ao Edificio das Cabalerizas, con cuberta, e de

100 m2, “que cremos que  pode ser un complemento importante a todo este recinto”.

Así mesmo, o alcalde recordou que cada local terá un canon anual medio, cumprindo a normativa, que vai dende os 1400 aos 2200 euros, en función das cartacterísticas do mesmo. Pero recordou que nos propios pregos se recolle que dende o Concello imos  establecer bonificacións de ata o 90%; “polo que os emprendedores que se instalen no Conxunto Histórico, e  que cumpran cunhas condición que son moi accesibles, terían que facer fronte a unha taxa anual duns 200 euros de media, uns 20 euros ao mes, unha cantidade que consideramos que é simbólica porque a nosa intención é echer de vida o Conxunto Histórico Artístico”.

Entre os criterios avaliables están, por exemplo, os días da semana e as horas en que estará aberto ao público. Así, recibirán o máximo de 20 puntos aqueles que abran todos os días da semana, sen ter en conta os domingos e festivos; e 8 horas diarias. Tamén se valorará a programación anual de acción ou as actuacións socioculturais que contribúan a promocionar a contorna, como charlas, conferencias, exposicións…; aquel emprendedor que desenvolva máis de 3 programas ao ano recibirá a puntuación máxima de 20 puntos.

Segundo o tipo de actividade, como se dixo con anterioridade, seguirá a primar o sector artesanal ou a venda de produtos ecolóxicos que terán 10 puntos; e as relacionadas co sector turístico, da hostelaría, educativo ou terapéutico, recibián 8 puntos. Tamén se valorará o carácter innovador do proxecto que se presenta; entre outros aspectos.

Villares sinalou que os 5 locais aínda sen adxudicar teñen unha superficie útil que vai dende os 47 aos 70 m2 e que a obra contou con orzamento de 120.000 euros, procedentes da Xunta de Galicia e do propio Concello.

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa