Publicador de contidos Publicador de contidos
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO MELLORA A SEGURIDADE E A ACCESIBILIDADE NA ZONA DO CEIP DE CERVO COA

 

A obra conta cun orzamento de preto de 15.000 euros procedentes de fondos municipais

O Concello de Cervo traballa estes días na construción de beirarrúas na zona do Ceip de Cervo. En concreto trátase dun tramo duns 200 metros entre a rúa que dá acceso ao Centro de Saúde e a Praza Federico Mon.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Obras, Plácido Pérez, estiveron supervisando os traballos para os que o Concello destina preto de 15.000 euros, todos eles procedentes de fondos municipais.

Tal e como apuntou Villares “esta é a segunda fase dun proxecto que comezamos vai anos coa adecuación de toda esta zona; unha actuación coa que conseguimos converter a contorna nun  lugar atractivo para o establecemento de familias e a construción de novas vivendas; e na que pouco a pouco imos reforzando os servizos e as infraestruturas, como estamos a  facer na actualidade coa execución das beirarrúas”.

O rexedor engadiu que “se trata dunha actuación que consideramos moi importante porque con ela os peóns van gañar en seguridade e accesibilidade, tendo en conta ademais, que é unha zona moi transitada ao estar alí o colexio, tanto polos pais, que moitas veces acoden en coche, como polos alumnos”.

A obra está a ser executada con previsión de futuro, de tal xeito que xa quedan listas as canalizacións para poder soterrar no futuro o cableado do alumeado público que se instale na zona; e tamén van quedar establecidos os cimentos para futuras luminarias.

 

                                                                                                            

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa