Publicador de contidos Publicador de contidos
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CONVOCA UN CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL CON MOTIVO DO DÍA DAS LET

Os participantes teñen de prazo ata o 4 de maio para presentar os traballos na Biblioteca de Cervo ou na de San Ciprián 

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, convoca un certame de narración e debuxo infantil con motivo do Día das Letras Galegas.

O alumnado dos dous colexios do municipio recibiu un marcapáxinas que contén as bases do concurso.

O certame está aberto a todos os nenos e nenas, que deberán presentar unha narración en galego ou un debuxo baixo as temática “como cambiou o conto” ou “como darlle a volta ao conto tradicional”; por exemplo o lobo vexetariano, a caperuchiña feroz, unha bela que nunca dorme…

O prazo de presentación dos traballos, que deberán ser presentados na biblioteca de Cervo ou na de San Ciprián, rematará o vindeiro 4 de maio.  O fallo do xurado local farase público o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Os traballos premiados nesta primeira fase local participarán na fase provincial do certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, baixo o patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa