Publicador de contidos Publicador de contidos
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CONVIDA A VECIÑOS E VISITANTES A GOZAR DA FESTAS NA HONRA DE SAN LUIS, EN F

A cita, organizada pola Asociación Socio-Cultural Ponte da Salgueiriña, será o 22, 23 e 24 de xuño; e  contará cunha carpa por se o tempo non acompaña

  • Haberá verbena, xogos populares, lumeirada de San Xoán acompañada de churrascada…; e o plato forte será o concerto de Los Limones, o mesmo sábado á noite

O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes  a desfrutar das Festas na Honra de San Luis, en Figuerido.

 A cita, organizada pola Asociación Socio-Cultural Ponte da Salgueiriña coa colaboración do Concello, será o 22, 23 e 24 de xuño.

A programación comezará o venres, 22, a partir das 22:30 horas, cunha Gran Verbena a cargo do Grupo Alma Latina e da Orquestra Palladium.

O sábado, 23 de xuño, ás 9:00 horas, terá lugar o chupinazo que anuncia o inicio do día grande das Festas. Ás 11:00 horas haberá pasacorredoiras a cargo dos gaiteiros de Airiños do Xunco, de Cervo. Ás 14:00 horas terá lugar a misa solemne na honra de San Luis no campo da festa; e, a continuación, haberá sesión vermú a cargo do Grupo Alma Latina.

Haberá unha gran lumeirada de San Xoán e serviranse racións de churrasco, chourizo, crioulos e pan por 5 euros. A continuación, desde as 22:30 horas, haberá festa rachada a cargo do Grupo PK2; e pechará o día grande das festas o concerto de Los Limones.

Xa o domingo 24, desde as 17:30 horas, haberá demostracións e desfrute de xogos populares.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa