Publicador de contidos Publicador de contidos
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CONVIDA A ASISTIR Á XII FESTA DE EXALTACIÓN DA CARNE DO PORCO E A IV FOLIAD

A cita será o vindeiro 12 de maio na Praza do Souto

 

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, xunto con representantes de Airiños A.C. Airiños do Xunco e a A.C. Recreativa Fervenza de Sargadelos, presentaron a XII Festa de exaltación da carne do porco e a IV Foliada que terá lugar na Praza do Souto, en Cervo, o vindeiro 12 de maio.

A cita musical e gastronómica está organizada por estes dous colectivos, coa colaboración do Concello de Cervo

A Festa comezará ás 12:00 horas, cun obradoiro infantil de pandeireta e canto, ás 13:00 horas será a quenda da sesión vermú amenizada polas Pandereiteiras Sen Fronteiros; xa pola tarde, ás 16:00 horas, haberá un obradoiro de instrumentos de percusión con Xosé Lois Romeiro.

As actuacións musicais volverán coller o testigo ás 20:00 horas, coa actuación de diferentes agrupacións da zona como A Rebolaxe, Airiños do Xunco, Dambara, Nova Semente, Os do 21, Troula&Stone, As Maiolas e Pandereiteiras do CEIP nº1 de Cervo. Xa a partir das 23:00 horas, terá lugar o concerto de Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero. A continuación foliada libre.

Tamén ás 20:00 horas será cando dea comezo a Festa gastronómica, coa exaltación da carne de porco. Haberá degustación de tapas nos diferentes locais hostaleiros da zona (Caseto de Copa, Bar Figueirido, Pousada O Almacén).

A maiores están previstos diferentes sorteos e tamén haberá queimada.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa