Publicador de contidos Publicador de contidos
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CELEBRARÁ O XXXV DÍA DO XUBILADO O 1 DE MAIO

Os veciños e veciñas teñen ata o 20 de abril para anotarse na Casa do Concello, en Cervo, ou na Casa da Cultura, en San Ciprián

  • Ese mesmo día entregaranse os trofeos do campionato de tute e parchís que se está a xogar estes días na Casa do Mar

O Concello de Cervo celebrará a XXXV edición do Día do Xubilado o 1 de maio.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, informou de que xa está aberto o prazo de inscrición para participar neste encontro e os veciños teñen ata o 20 de abril para anotarse na Casa do Concello, en Cervo, ou na Casa da Cultura, en San Ciprián; achegando unha fotocopia do DNI do solicitante e do cónxuxe (se procede) e unha fotocopia da Cartilla de Pensionista.

Ese mesmo día entregaranse os trofeos do campionato de tute e parchís que se está a xogar estes días na Casa do Mar de San Ciprián, no que participan unha vintena de parellas (12 xogan ao tute e 10 ao parchís).

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa