Publicador de contidos Publicador de contidos
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CELEBRARÁ A X FEIRA DE GANDO O DOMINGO 6 DE MAIO

A cita, organizada en colaboración coa asociación Cabaleiros do Xunco, terá lugar no polígono industrial de Cuíña ao longo de toda a xornada

O Concello de Cervo celebrará a X edición da Feira de gando o domingo, 6 de maio.

A cita, organizada pola asociación Cabaleiros do Xunco, en colaboración co Concello, terá lugar no polígono industrial de Cuíña durante toda a xornada.

Así o anunciaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e os edís de Deportes e Medio Rural, José Ramón Soto e Plácido Pérez, na presentación do evento, na que tamén estivo presente o presidente da asociación Cabaleiros do Xunco, Julián Otero, e varios membros da Xunta directiva deste ente.

Hai programadas actividades durante todo o día ao redor do gando. Deste xeito, dende as 8:00 horas ata as 14:00 horas, poderanse realizar transaccións comerciais no recinto feiral; ademais, pola mañá programáronse paseos gratuitos para os pequenos sobre cabalos de montura.

Xa pola tarde, a principal atracción estará centrada nas diferentes carreiras: marcha de trotóns (de 16:00 a 17:00 horas), carreira de cabalos do país (de 17:00 a 18:00 horas), carreira de cabalos cruzados (de 18:00 horas a 19:00 horas), e tamén haberá carreira de burros (de 19:00 a 20:00 horas); nunha xornada que rematará coa entrega de premios aos mellores exemplares de vacún e equino anotados no concurso da Feira. Será ás 20:00 horas.

Haberá máis de 1000 euros en premios para as diferentes categorías e os gañadores das carreiras.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, quixo agradecer o traballo da Asociación Cabaleiros do Xunco na organización desta cita, “un evento a día de hoxe consolidado grazas a unha importante labor de recuperación e que é o punto de encontro dos amantes do mundo equino e vacún, que comparten nese día a súa afección con todos os cervenses e visitantes que desexen achegarse nesa xornada ao recinto feiral”.

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa