Publicador de contidos Publicador de contidos
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO BAIXA IMPOSTOS PARA FAVORECER O FOMENTO DE EMPREGO DE CALIDADE

 

 

No pleno ordinario celebrado no día de onte aprobouse a adhesión ao protocolo “Concellos Doing Business Galicia”, promovido pola Xunta de Galicia e a Fegamp

  • Modificáronse as ordenanzas relativas a tres impostos para favorecer a implantación e a fixación de empresas no municipio que xeren novos postos de traballo
  •  
  • O rexedor recordou que esta medida súmase a outras que xa puxemos en marcha para favorecer tamén aos emprendedores “como os locais que temos habilitados no Conxunto Histórico de Sargadelos que poñemos á súa disposición por un prezo que pode rondar os 20 euros ao mes”

O Concello de Cervo aprobou no pleno ordinario celebrado no día de onte, unha baixada de impostos co obxectivo de favorecer o fomento do emprego no municipio.

O alcalde, Alfonso Villares, sinalou que, deste xeito, vimos de subscribir o protocolo promovido pola Xunta de Galicia e a Fegamp, que leva consigo a modificación de tres ordenanzas (ICIO, IAE, IBI) co fin de incidir no fomento da implantación e fixación de empresas no noso termo municipal.

De tal xeito que, tal e como explicou Villares, “as empresas que creen máis de vinte postos de traballo poden conseguir ata o 95% de bonificación nestes impostos; se crean entre 11 e 20 postos, cando menos o 75%, e pola creación de ata de empregos, cando menos o 50% de dedución.

Ademais, engadiu o rexedor, “falamos do apoio ao fomento de emprego de calidade, porque as empresas teñen que manter esas condicións durante tres anos polo menos, e dende o Concello estaresmos vixiantes, supervisando que así sexa”.

O alcalde apuntou que esta iniciativa vén sumarse a outras que xa estamos a desenvolver dende o Concello en materia de política de emprego; como son os locais que temos habilitados no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos cos que pretendemos favorecer a aqueles emprendedores que desexen desenvolver unha actividade poñendo á súa disposición espazos acondicionados polos que poden chegar a pagar 20 euros ao mes”.

A proposta saíu adiante cos votos a favor do PP e do PSOE, e coa abstención do BNG.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa