Publicador de contidos Publicador de contidos
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ACTUARÁ DE XEITO INTEGRAL NA RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, NO CASCO URBANO DE SAN

 Destinaranse algo máis de 240.000 euros procedentes de fondos municipais do superávit do año anterior

  • Renovarase o pavimento, eliminaranse barreiras arquitectónicas, renovarase o alumeado público e as redes de saneamento; separando a recollida de augas fegais e pluviais –que ata o de agora non existía nesta zona- e instalarase mobiliario urbano “todo co obxectivo de humanizar a zona, facéndoa máis confortable para os peóns”

O Concello de Cervo vai acometer unha actuación integral na rúa Concepción Arenal e o enlace á rúa Rosalía de Castro, ubicadas en pleno casco urbano de San Ciprián.

Así o anunciou hoxe o rexedor Alfonso Villares, quen se desprazou ata a zona, co edil de Obras, Plácido Pérez, para ver in situ o proxecto que “contará cun orzamento de 240.420 euros, todos eles procedentes de fondos municipais, froito do remanente de tesourería do ano anterior, destinados a executar unha obra calificada como financieiramente sustentable.

Villares concretou que os traballos que se van acometer contemplan a renovación do pavimento de toda a rúa, eliminando barreiras arquitectónicas e renovando servizos básicos como a rede de saneamento, independizando a recollida de augas fecais e pluviais –servizo, este último, que ata o de agora non existía nesta zona-. Ademais, tamén se renovará o alumeado público, substituíndo o tendido en superficie por unha canalización soterrada.

O alcalde apuntou que o obxectivo que se persegue é facer unha zona moito máis humanizada e cómoda para os peóns; de tal xeito que se van construír beirarrúas amplas e accesibles para favorecer a intercomunicación entre o comercio, as vivendas e os peóns que transiten pola zona.

Así mesmo tamén se instalará mobiliario urbano “concibido tamén como barreira que vai delimitar a zona do tráfico rodado e a peonil”.

Villares destacou que a filosofía deste equipo de Goberno pasa por facer actuacións que van no camiño de lograr a accesibilidade real, apostando tamén por eses servizos elementais, que non se ven, pero que son fundamentais como o establecemento dunha rede de saneamento de calidade.

O alcalde comentou que nestes intres estamos levando adiante todos eses trámites administrativos necesarios para poder acometer a obra “que, en todo caso, estará rematada neste ano 2018”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa