Publicador de contidos Publicador de contidos
« Atrás

O BOP PUBLICA HOXE O PREGO DE CLÁUSULAS REGULADOR DO CONCURSO DOS LOCAIS DO CONXUNTO HISTÓRICO

Son 5 habitáculos acondicionados para o desenvolvemento de calquera actividade relacionada co sector terciario; ademais dun espazo anexo exterior, con cuberta de madeira, de 100 m2

Os beneficiarios terían que facer fronte a un aluguer duns 20 euros ao mes “sempre que dean cumprimento a uns requisitos que son moi accesibles”

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, informou de que o Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe o prego de cláusulas regulador do concurso público dos locais habilitados no antigo edificio das Cabalerizas, no Conxunto Histórico de Sargadelos.

Villares recordou que calquera persoa emprendedora e que dea cumprimento a  uns requisitos moi accesibles poderá optar a un destes espazos, presentando a documentación requirida dentro do prazo dun mes no Rexistro Xeral do Concello.

Son 5 locais os que saen a concurso –un deles xa foi adxudicado a un emprendedor da rama da alimentación- que poderán ser destinados a calquera actividade comercial relacionada co sector artesanal que segue a ter prioridade; pero tamén cos produtos ecolóxicos, co sector turístico, coa hostelaría, co sector educativo, terapéutico ou con calquera outra actividade relativa ao sector terciario.

Así mesmo, tamén saleu a concurso un espazo exterior anexo ao Edificio das Cabalerizas, con cuberta, e de 100 m2.

O alcalde apuntou que son locais perfectamente acondicionados, polos que os emprendedores terían que pagar un contía case testemuñal, que rondaría os 20 euros mensuais, cumprindo uns requisitos moi accesibles.

Villares resaltou que son locais municipais que “poñemos a disposición de calquera persoa que desexe arrincar a súa empresa, traballar e ofrecer calquera produto a través de venta directa ou mesmo on line; porque ao fin e ao cabo o que se plantexa é a creación dun viveiro de empresas nunha contorna única moi visitada como é Sargadelos, situado no corazón de Cervo, no corazón da Mariña, e a nosa intención é darlle a aquelas persoas emprendedoras todas as facilidades posibles para desenvolver a súa actividade”.

Entre os criterios avaliables están, por exemplo, os días da semana e as horas en que estará aberto ao público. Así, recibirán o máximo de 20 puntos aqueles que abran todos os días da semana, sen ter en conta os domingos e festivos; e 8 horas diarias. Tamén se valorará a programación anual de acción ou as actuacións socioculturais que contribúan a promocionar a contorna, como charlas, conferencias, exposicións…; aquel emprendedor que desenvolva máis de 3 programas ao ano recibirá a puntuación máxima de 20 puntos.

Segundo o tipo de actividade, como se dixo con anterioridade, seguirá a primar o sector artesanal ou a venda de produtos ecolóxicos que terán 10 puntos; e as relacionadas co sector turístico, da hostelaría, educativo ou terapéutico, recibián 8 puntos. Tamén se valorará o carácter innovador do proxecto que se presenta e os postos de traballo que se creen, entre outros aspectos.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa