Publicador de contidos Publicador de contidos
« Atrás

A SALA DE EXPOSICIÓNS DA CASA DA CULTURA ACOLLE A MOSTRA ONDAS DO NORDÉS, DE MIGUEL ANXO MACÍA

 Pódese visitar ata o 27 de abril, de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:00 horas, e de 16:00 a 20:00 horas

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, inauguraron este mediodía a exposición Ondas do Nordés, de Miguel Anxo García, que tamén estivo presente.

A mostra, composta por 24 óleos, é unha recompilación da obra do autor, natural de Lugo, e doutor cum laude en Belas Artes pola Universidade de Vigo, e licenciado en Belas Artes na especialidade de pintura pola Universidade de Valencia.

Os traballos poden verse na sala de exposicións da Casa da Cultura de San Ciprián ata o 27 de abril.

Caramés recordou que tamén se pode visitar ata o 2 de abril na Sala de Exposicións da biblioteca de Cervo unha mostra sobre a vida e obra de Rosalía de Castro.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa