NOVAS NOVAS
« Atrás

XA ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NO XVI ENCONTRO DE PALILLEIRAS QUE SE CELEBRARÁ O 6 DE A

O evento terá lugar no Pavillón da Veiga, e ademais da exhibición das artesás, este ano, como novidade, recupérase o desfile de traxes de liño con encaixe

As persoas interesadas en formar parte do evento, con prazas limitadas, poden anotarse na Casa da Cultura (982.59.51.57).

A edila de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, Pilar Armada, informa de que xa está aberto o prazo para participar no XVI Encontro de Palilleiras que se celebrará o 6 de abril, no Pavillón da Veiga, en San Ciprián.

As persoas interesadas en formar parte do evento, con prazas limitadas, poden anotarse na Casa da Cultura (982.59.51.57).

O programa completo farase público proximamente, pero Armada xa avanzou que este ano, ademais da tradicional demostración das artesás, “quixemos recuperar o desfile de traxes de liño con encaixe, que lle dá un valor engadido a este evento consolidado que reúne, ano tras ano, a máis de medio milleiro de palilleiras procedentes de todos os recunchos de Galicia”.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa