NOVAS NOVAS
« Atrás

VILLARES: "A EVOLUCIÓN POSITIVA DO BROTE DO COVID-10 CONSTATA QUE AS MEDIDAS TOMADAS POLOS PROF

O rexedor cervense agarda que canto antes se poida confirmar esta tendencia positiva –en Cervo hai un caso activo- que nos permita recuperar esa nova normalidade tan necesaria para moitos pequenos empresarios, para moitas familias que o están a pasar realmente mal con esta crise

O alcalde lamentou que a bisbarra se convertese no foco mediático incluso a nivel nacional estes últimos días e considerou “certamente desafortunados” os comentarios vertidos cos que alarmaron máis do necesario sen medir os danos colaterais que podían provocar na economía das nosas vilas que dependen en boa parte do turismo; e que esperemos que non condicionen en ningún caso o que nos queda de verán

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, amosouse esperanzado no día de hoxe logo de coñecer este mediodía, da man do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, os datos actualizados da evolución do brote de COVID-19 na Mariña que confirman un descenso notable dos casos activos -21 positivos menos, 163 casos activos no día de hoxe-.

O rexedor apuntou que son datos que debemos asumir con cautela e con responsabilidade e sen relaxar en ningún momento as medidas de prevención que son fundamentais para evitar a propagación do virus.

A espera de que se poida confirmar nos próximos días esa tendencia positiva tal e como todos agardamos, “temos que poñer en valor o gran traballo feito nestas semanas polo profesionais sanitarios e pola propia consellería, porque estes datos sempre analizados coa prudencia que require a situación,  constatan que as medidas que se tomaron para conter o brote foron  e están a ser as axeitadas”.

Villares quixo agradeceu así mesmo ao conselleiro e a todos os profesionais que o acompañan en cada videoconferencia “que nos manteñan puntualmente informados da evolución do brote a través dunha videoconferencia diaria na que participamos todos os rexedores da bisbarra; tamén destacou a realización de numerosas PCR – máis de 3.500 a día de hoxe- como factor clave “para poder acoutar o brote”.

O rexedor cervense agarda que canto antes e sempre baixo criterios médicos, se poida confirmar esta tendencia positiva –en Cervo hai un caso activo- “que nos permita recuperar esa nova normalidade tan necesaria para moitos pequenos empresarios, para moitas familias que o están a pasar realmente mal con esta crise”.

O alcalde tamén lamentou que a bisbarra se convertese no foco mediático a nivel nacional estes últimos días a raíz do brote de COVID-19; e considerou do mesmo xeito “desafortunados”  os comentarios vertidos e as palabras, nalgún caso, temerarias, que alarmaron máis do necesario; sen medir os danos colaterais que podían provocar na economía das nosas vilas que viven en boa parte dos seus potenciais turísticos; e que esperemos que non condicionen en ningún caso o que nos queda de verán.

Villares recordou que é imprescindible continuar respectando todas as medidas de seguridade; e tamén afondou na importancia de ser solidarios os uns cos outros para entre todos poder rexurdir canto antes desta crise.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa