NOVAS NOVAS
« Atrás

VILLARES: “A CONCESIÓN DAS MEDIDAS CAUTELARES POR PARTE DO TSXG É UNHA BOA E ESPERANZADORA NOTI

O rexedor cervense agarda que esta prohibición expresa de realizar calquera actuación que supoña a parada das cubas “supoña unha volta á senda do diálogo por parte da empresa, que debería sentar a negociar de novo co Comité e coas Administracións”

 

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, calificou de “boa nova” a concesión das medidas cautelares por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, “cuxa resolución impide a Alcoa executar calquera acción que supoña a parada das cubas de electrólises”.

Villares indicou que a medida é positiva e esperanzadora de cara a lograr o obxectivo que todos perseguimos que non é outro que “manter o 100% do emprego e que o aluminio primario se siga a producir na Mariña”.

O rexedor agarda que esta prohibición expresa de deter as cubas “supoña unha volta á senda do diálogo por parte da empresa” para que sente de novo a negociar co Comité e coas Administracións en aras de chegar a un acordo que salve o emprego e a produción do aluminio “capital para toda unha Comarca que leva xa demasiados meses co corazón nun puño”.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa