NOVAS NOVAS
« Atrás

O XIMNASIO E A PISCINA MUNICIPAL REABRIRON NO DÍA DE HOXE CUN PROTOCOLO ESTRITO DE SEGURIDADE,

As persoas interesadas en facer uso destes servizos deberán reservar vez no 982 59 45 12

En cada quenda, de hora e vinte e cinco minutos para favorecer o relevo,  poderán participar 24 persoas máximo

O Concello de Cervo reabriu no día de hoxe o ximnasio e a piscina olímpica municipal cun estrito protocolo de seguridade, con aforo limitado a 24 persoas máximo por quenda e con cita previa obrigatoria vía telefónica no 982 59 45 12, no horario de apertura da instalación; de luns a venres de 9:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas; e sábados de 9:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas.

Tal e como precisou o edil de Deportes, David Rodríguez, logo de supervisar o funcionamento da instalación nesta primeira xornada de adaptación á nova situación, “a normalidade, dentro das medidas de control que establecemos, foi a tónica dominante nestas primeiras horas”; con 35 persoas usuarias en horario de mañá e 19 previstas durante a tarde, entre a piscina e o ximnasio -datos extraídos das citas rexistradas vía telefónica para o control de aforo-.

Só se aceptarán reservas con 3 días máximo de antelación sobre a data desexada para facer uso do servizo e a máscara será obrigatoria sempre e en toda a instalación.

Rodríguez animou á veciñanza a retomar a rutina ou a iniciarse na practica da natación e do exercicio físico coas vantaxes que isto supón;  e apelou tamén á responsabilidade individual e a importancia de respectar as normas e protocolos para que todos podamos desfrutar con garantías destas instalacións privilexiadas que temos en Cervo, únicas na provincia.

O responsable de Deportes recordou que durante este tempo no que nos vimos obrigados a pechar a piscina, estivemos acometendo diversas tarefas de mantemento e adecuación, tales como “a renovación integral da rede de subministro de auga fría e auga quente, que suporá un incremento do caudal de auga nos vestiarios, e unha mellora térmica; o acondicionamento dun novo almacén e dun cuarto para o material de limpeza; ou a habilitación dun novo vestiario para os empregados municipais”.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa