NOVAS NOVAS
« Atrás

O SENDEIRO DO TORNO É PREMIADO POLO SEU VALOR NATURAL, DIDÁCTICO E DE SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL

O edil de Turismo, David Rodríguez, recolleu este mediodía en Madrid o galardón “sendeiro azul” co que a Adeac recoñece aqueles itinerarios que destacan por ser valiosos recursos para a interpretación ambiental e o desfrute da natureza

O edil de Turismo, David Rodríguez, desprazouse este xoves ata Madrid, en representación do Concello de Cervo, para recoller o galardón que destaca á ruta do Torno como “Sendeiro Azul”.

Trátase dun carreiro natural cun percorrido de 2,36 quilómetros, que bordea o areal que leva o mesmo nome “e que é un reclamo de primeira orde para o noso Concello”.

Con esta insignia,  a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) premia a recuperación e posta en valor de sendeiros e itinerarios de todo el territorio nacional, transformados en valiosos recursos para a interpretación ambiental e o desfrute da natureza.

Rodríguez valorou de xeito moi positivo este recoñecemento “que referenda o labor que levamos moito tempo desenvolvendo desde o Concello de Cervo en prol da posta en valor do noso patrimonio natural, é un incentivo máis –engadiu- para seguir a traballar baseándonos no compromiso coa contorna”.

Este selo de calidade, pois, “recoñece o valor medioambiental desta ruta” e pon de manifesto “o compromiso municipal co turismo sustentable e de calidade”, avalando o esforzo que se vén realizando neste terreo, precisou.

Esta insignia vén a sumarse á bandeira azul que lle foi outorgada un ano máis á Praia do Torno e tamén ao recoñecemento á Carpintería de Ribeira como Centro Azul.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa