NOVAS NOVAS
« Atrás

O SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO DE CERVO ACOLLEU O ACTO DE ENTREGA DE ÁRBORES FROITEIRAS E AUTÓCTO

 O SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO DE CERVO ACOLLEU O ACTO DE ENTREGA DE ÁRBORES FROITEIRAS E AUTÓCTONAS A AQUELES VECIÑOS E VECIÑAS QUE QUIXERON PARTICIPAR NO PEDIDO CONXUNTO

 

§  O número total de exemplares foi de 121 árbores

Cervo, 11 de febreiro de 2022.- A edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, fixo entrega a tarde deste xoves das árbores froiteiras e autóctonas aos veciños e veciñas que quixeron participar neste pedido conxunto, que dende o Concello se leva tramitando dende hai varios anos.

Méndez subliñou que con iniciativas coma esta o que “pretendemos é abrir camiño á veciñanza para que as súas fincas sexan cada vez máis produtivas”.

O ter tramitado o pedido conxunto supón, ademais, -precisou- “un importante aforro aos veciños e ás veciñas que solicitaron as árbores”, que nesta ocasión foron especies moi variadas: maceiras, pereiras, cerdeiras, castiñeiros, figueiras, carballos, aguacateiros…

O número de exemplares entregados nesta ocasión foi de 121 árbores solicitados polos veciños.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa