NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO INVISTE MÁIS DE 7.000 EUROS NAS MELLORAS DO PARQUE DE CERVO

Estes días estanse a realizar traballos de limpeza integral e de tratamento da pedra, da madeira, de todo o mobiliario e dos elementos de xogo

O Concello de Cervo acomete estes días traballos de limpeza integal, saneado e tratamento da pedra, da madeira, do mobiliario e dos elementos de xogo instalados no parque de Cervo.

O rexedor, Alfonso Villares, o edil de Obras, Plácido Pérez, e a de Educación, Dolores García Caramés, supervisaron a actuación que supón un investimento de algo máis de 7.000 euros, todos eles procedentes de  fondos municipais.

Villares precisou que para o Concello é fundamental traballar para manter nas mellores condicións todos os espazos públicos e zonas de esparexemento da veciñanza, e esta actuación responde a ese obxectivo de incidir na conservación destas zonas destinadas ao desfrute de todos/as.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa