NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO VÉN DE RECEPCIONAR A OBRA DA NOVA BEIRARRÚA QUE CONECTA O POLÍGONO DE CUÍÑ

O investimento total ascende a 150.000 euros, o 70% procedente dunha subvención da Consellería de Industria da Xunta de Galicia.

Villares: “esta nova beirarrúa permítenos enlazar unha zona moi transitada polos viandantes e mellorar a seguridade de toda esta contorna”

A actuación contemplou, ademais, o acondicionamento dun aparcadoiro cunha vintena de prazas –unha delas para persoas con discapacidade-  e e a reposición do firme ante o Centro de Día Residencia.

O Concello de Cervo vén de recepcionar a obra da beirarrúa que conecta todo o Polígono de Cuíña “unha zona moi transitada polos viandantes e cuxa seguridade se viu mellorada notablemente”.

O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Obras, Mali Méndez, supervisaron a actuación que contou cun orzamento total de 150.000 euros, o 70% procedente da Xunta de Galicia, a través do programa de axudas de Mellora de Infraestruturas dos Parques Empresariais da Consellería de Industria.

Villares destacou a importancia desta obra que abrangue medio quilómetro de lonxitude nunha zona con gran afluencia de peóns que ata o momento carecía de espazos diferenciados para o tráfico rodado e os viandantes.

O investimento inclúe, ademais da execución desta beirarrúa na Avenida da Veiga, o acondicionamento dun aparcadoiro ao carón do IES Marqués de Sargadelos cunha vintena de prazas –unha delas para persoas con discapacidade-,  e a reposición do firme diante do Centro de Día Residencia.

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa