NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO VÉN DE CLAUSURAR UNHA NOVA TEMPADA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Desde a Delegación de Deportes, o concelleiro David Rodríguez, quixo darlle ás grazas a todas as persoas usuarias que formaron parte das Escolas "nesta difícil tempada" -preto de 80, entre adultos e nenos/as-. Foi un curso -precisa- "no que tivemos que ir adaptándonos un pouco sobre a marcha ás medidas de prevención vixentes en cada momento, pero tendo claro que, sempre que a situación e a normativa o permitise, apostariamos por seguir achegándolles DEPORTE á nosa veciñanza; porque consideramos que a actividade física é esencial para o día a día".

 Desde o Concello queremos dar as grazas e os parabéns aos/ás monitores e ás familias, que nos fixeron moito máis sinxelo este camiño, nunha tempada excepcional

A modo de agradecemento, cada persoa usuaria recibiu un vale, que poderán trocar por un pequeno agasallo que estará dispoñible na Casa da Cultura para a súa recollida a partir do luns, 5 de xullo.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa