NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ÚRXELLE Á DEPUTACIÓN PROVINCIAL A LIMPEZA E ACONDICIONAMENTO DAS VÍAS DA SÚ

Mali Méndez: “xa lle solicitamos por escrito que acometesen canto antes estes traballos nas estradas que transcorren polo noso termo municipal e que son da súa competencia porque o seu estado supón un perigo para a seguridade das persoas”

A edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, e a Tenente Alcalde, Dolores García Caramés, fixeron pública no día de hoxe a preocupación do Concello de Cervo polo estado no que se atopan todas as vías de titularidade provincial que transcorren polo noso termo municipal e cuxo mantemento corresponde á Deputación,  “que a día de hoxe están totalmente invadidas pola maleza”.

As concelleiras explican que un verán máis, vimos de remitirlle unha solicitude por escrito ao organismo provincial urxíndolle que execute estes traballos “porque o estado destas vías, á marxe da mala imaxe que proxecta, supón un serio perigo para a seguridade dos peóns e do tráfico rodado”.

 

As vías de titularidade provincial que se atopan nun estado deficiente son:

-      Río Covo - Porto de San Cibrao LU-P-1501

-      Burela - Vilaestrofe - Ferreira LU-P-1502

-      Río Covo - Trasbar - Vilaestrofe  LU-P-1503

-      Río Covo - Fábrica de Sargadelos LU-P-1504

-      Sargadelos - Vilaestrofe  LU-P-1505

-      Cervo - Cuíña LU-P-1506

-      A Venta - Lieiro LU-P-1507

-      Figueirido - Paraño - Sargadelos LU-P-1508

-      Pedrouzos - Senra LU-P-1509

-      San Cibrao - A Marosa - Burela LU-P-1510

 

Desde o Concello de Cervo pídenlle pois, encarecidadamente, á Deputación Provincial que asuma a súa responsabilidade e que acondicione estas estradas con urxencia “porque o verán xa comezou oficialmente, e como saben, é nestas datas cando o fluxo de peóns e tamén de vehículos se ve notablemente incrementado, co correspondente risco que supón a falta de visibilidade e de espazos adecuadamente transitables que detectamos e identificamos en numerosos puntos destas estradas provinciais”.

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa