NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ULTIMA DETALLES PARA ABRIR AO TRÁFICO RODADO E PEONIL A NOVA VÍA QUE UNE A

Prevese que a rúa estea operativa en tres ou catro semanas

Villares precisou que “se trata dunha arteria de comunicación fundamental que nos permitirá aliviar a circulación no centro da vila”

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, acompañado da tenente de alcalde, Dolores García Carames, e do edil de Protección Civil, Alfredo Fernández, achegouse ata a zona de Galdín para supervisar as obras da nova vía ubicada entre a Avenida Bellavista e a Avenida da Veiga “na que se están a ultimar detalles para poder abrila, de xeito inminente, ao tráfico rodado e peonil”.

Villares explicou que nestes intres a obra está practicamente rematada, a falta do pintado, dos acabados e da construción das dúas glorietas proxectadas  -unha fronte ao centro de saúde e outra na zona de Galdín- que servirán de enlace coas vías que son titularidade da Deputación, e que tamén contribuirán a reducir a velocidade nestes tramos, reforzando así a súa seguridade; “polo que a estimación é que a nova vía poida estar plenamente operativa en tres ou catro semanas”.

O rexedor precisou que se trata dunha infraestrutura fundamental para San Ciprián “que nos permitirá aliviar o tráfico do centro da vila ao tempo que tamén pode ser unha solución provisional para os vehículos pesados do Polígono de Cuíña”.

A nova rúa ten unha lonxitude de 350 metros e unha anchura de 12 metros que favorecerá o dobre sentido da circulación, ademais tamén disporá dunha zona importante de aparcadoiros; e de beirarrúas a ámbolos dous lados da calzada.

O alcalde quixo “agradecer unha vez máis á Xunta de Galicia este importante investimento que supera os 600.000 euros e que nos permitiu executar unha arteria de comunicación moi funcional, que dará moito servizo aos vehículos que circulen por San Ciprián”, esgrimiu.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa