NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO SUMA DESDE HOXE UNHA NOVA ARTERIA DE COMUNICACIÓN: A VÍA DE GALDÍN

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez e o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, inauguraron hoxe esta nova infraestrutura que supuxo un investimento da Xunta de Galicia superior aos 600.000 euros

Villares reiterou o seu agradecemento á Administración Autonómica que “que fixo posible que puidésemos materializar este importantísimo proxecto que nos permitirá aliviar a circulación no centro de San Ciprián, e incrementar a seguridade dos viandantes na zona”  

O Concello de Cervo suma desde hoxe unha nova arteria de comunicación. Trátase da vía ubicada entre a Avenida Bellavista e a Avenida da Veiga, que conecta o Centro de Saúde coa zona de Galdín, e que foi inaugurada no día de hoxe polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e pola conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez; ante a presencia tamén do delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, de concelleiros do equipo de goberno de Cervo, de veciños, representantes de diferentes asociacións e alcaldes pedáneos.

Os asistentes percorreron a rúa, que quedou aberta ao tráfico rodado e peonil este mediodía, e que ten unha lonxitude de 350 metros e unha anchura de 12 metros que favorecerá o dobre sentido da circulación. Tamén dispón dunha zona importante de aparcadoiros e de beirarrúas a ámbolos dous lados da calzada.

Villares quixo reiterar o seu “agradecemento á Xunta de Galicia que fixo posible que puidésemos materializar este importante proxecto cun investimento superior aos 600.000 euros”.

Trátase dunha rúa –engadiu- “que aliviará moito o tráfico no centro da vila de San Ciprián e que mellorará tamén a seguridade dos viandantes que transitan a diario por esta zona; ao tempo que tamén pode ser unha solución provisional para os vehículos pesados do Polígono de Cuíña”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa