NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO SERÁ O ESCENARIO DA III REGATA DA COPA DEPUTACIÓN DE PIRAGÜISMO

A competición, que terá lugar no Encoro de Río Cobo, será o sábado 10 de xullo a partir das 15:00 horas

Na proba, ademais do club anfitrión -o Club Deportivo San Ciprián- competirán  o Club de piragüismo Cidade de Lugo, o Club Fluvial de Lugo, o Club Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz e o club de piragüismo Viveiro Urban

O Encoro de Río Cobo acollerá o sábado, 10 de xullo, a  III regata da Copa Deputación de Piragüismo, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.

O edil de Deportes, David Rodríguez, o responsable da sección de piragüismo e adestrador, Iván González, o adestrador e vocal da entidade, Sergio Álvarez, e a vocal, Raquel Rodríguez, presentaron a proba, en compañía dunha ampla representación dos/das nenos/as nenas integrantes do club, no propio escenario onde se desenvolverá a proba, que arrincará ás 15:00 horas; e na que competirán en representación da Mariña, e ademais da entidade anfitrioa, o Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz e o club de piragüismo Viveiro Urban; ademais do Club de Piragüismo Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo.

O edil desexoulle moita sorte a todos os deportistas, que competirán nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, nas modalidades K1 e C1;

e especialmente aos representantes do Club Local que participará con 38 palistas; e animou a todos os visitantes a que gocen da competición e da contorna excepcional na que se desenvolve.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa