NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO REORGANIZA AS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA ADAPTARSE ÁS NOVAS LIMITAC

As actividades de adultos continúan desenvolvéndose tanto na Casa do Mar de San Ciprián, como no Ecomuseo de Cervo, fixando un máximo de 5 persoas máis monitor/a por grupo

As Escolas Deportivas Infantís comezarán o vindeiro luns 2 de novembro seguindo a normativa actual e todas as medidas de prevención e seguridade

O Concello de Cervo reorganizou as actividades que se imparten nas Escolas Deportivas de Adultos para adaptarse ás novas limitación en canto ao número de persoas asistentes; fixado nun máximo de 5 persoas mais un monitor/a por grupo.

Así, tal e como explica o edil de Deportes, David Rodríguez, naquelas actividades nas que a inscrición superaba esa cota, “decidimos dividir o grupo en dous, axustando o número de sesións por semana”, unha redución no número de horas semanais –aclara- “que loxicamente se verá reflectida como corresponde nos recibos que se emitirán”.

Rodríguez avanza, do mesmo xeito, que as Escolas Deportivas Infantís, para as que temos aberta a inscrición nas actividades de multideporte, ximnasia rítmica e patinaxe artística, comezarán o próximo luns, 2 de novembro, “respectando sempre a normativa actual e todas as medidas de seguridade e prevención fronte á COVID-19”. De feito, ao longo desta semana desde o Concello de Cervo contactarase coas familias para informalas de todo o relativo ao arranque da nova tempada.

O responsable de Deportes precisou que estudamos con detalle a nova orde publicada no Documento Oficial de Galicia (DOG) que contempla novas restricións en canto ao aforo; e decidimos adaptar as nosas actividades á normativa; buscando a fórmula para que as persoas usuarias poidan seguir a practicar deporte, primando sempre a súa seguridade. Rodríguez explicou que cremos que “a actividade física é esencial para manter o corpo e a mente sans, e as novas limitacións en ningún caso prohiben poder impartir as nosas actividades, senón que simplemente as regulan en canto o número de persoas asistentes; polo que as Escolas Deportivas Municipais seguirán adiante, salvo cambios na normativa vixente.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa