NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO RENOVA A REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA DESDE A BRAXA, NA SENRA ATA COSTOIRA

 O CONCELLO DE CERVO RENOVA A REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA DESDE A BRAXA, NA SENRA ATA COSTOIRA, EN CASTELO

 

§  A execución da obra ten un orzamento de case 90.000 euros, dos que máis do corenta por cento son financiados por fondos municipais

 

§  Con esta actuación iníciase a primeira das tres fases que teñen como obxectivo achegar o abastecemento de auga ao núcleo de Trasbar

 

Cervo, 30 de novembro de 2021. O Concello de Cervo está a renovar a rede de abastecemento de auga que transcorre polo vial de comunicación que vai desde A Braxa, na Senra, ata a Costoira, na parroquia de Castelo. Esta actuación é a primeira das tres fases previstas para achegar o abastecemento de auga ao núcleo de Trasbar.

 

No día de hoxe o rexedor Alfonso Villares supervisou a realización destas tarefas de renovación xunto coa Tenente Alcalde, Dolores García Caramés, e a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez.

 

O orzamento total desta renovación ascende a un total de 87.168 euros, nos que a Xunta inviste 50.000 euros e o Concello de Cervo aporta os 37.168 euros restantes.

 

Sinala o rexedor Alfonso Villares: “Grazas á colaboración coa Xunta de Galicia, mediante a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, con esta execución conseguimos mellorar a dotación existente de infraestruturas básicas, incrementando a calidade de vida deste núcleo de poboación rural, e do mesmo xeito, iniciamos o proceso para cubrir unha necesidade básica para os habitantes do núcleo de Trasbar”.

 

Apunta tamén o rexedor que “a anterior rede de canalización comezaba a quedarse obsoleta, polo que decidimos, xunto cos técnicos municipais, acometer unha renovación total da rede de abastecemento e así substituír a actual por unha nova que nos permita reducir custos de xeito notable”.

 

Por último Villares quixo apuntar que “estas infraestruturas son indispensables para a nosa veciñanza e vitais para o seu día a día, aínda que non sexan tan vistosas como outro tipo de actuacións”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa