NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO RECUPERA ESTE XOVES O MERCADO SEMANAL DE SAN CIPRIÁN

Nun primeiro momento, dada a situación excepcional, tan só están autorizados a instalarse na praza dos Campos os postos de alimentación, cumprindo as medidas de seguridade e distanciamento establecidas

Provisionalmente habilitarase unha entrada e unha saída ao mesmo e as persoas usuarias disporán de solución hidroalcohólica de uso obrigatorio

O Concello de Cervo retoma este xoves o mercado semanal de San Ciprián, autorizando tan só polo momento, e dada a situación excepcional, a instalación dos postos de produtos agroalimentarios, cumprindo as medidas de seguridade e distanciamento establecidas.

Tal e como explican, de xeito provisional, habilitarase unha entrada e unha saída pola Avenida da Mariña para que as persoas usuarias poidan acceder aos postos de xeito controlado.

Na entrada, o Concello facilitará solución hidroalcohólica de uso obrigatorio e recomenda ás persoas usuarias a permanecer no mercado o tempo estritamente necesario para realizar as compras e sempre mantendo a distancia de seguridade de dous metros.

 

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa