
O CONCELLO DE CERVO RECIBE AO DISTRIBUCIÓNS CARREIRAS SAN CIPRIÁN POLO SEU ASCENSO A PRIMEIRA J
O rexedor, Alfonso Villares, o edil de Deportes, e a concelleira de Cultura, David Rodríguez e Dolores García Caramés, respectivamente, déronlles os parabéns ao Club Deportivo San Ciprián e a todo o equipo e corpo técnico por esta importante xesta “que os convirte no primeiro equipo da Mariña que competirá nesta categoría que enfrontará aos 12 mellores equipos de toda Galicia”
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez, e a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, recibiron na Casa do Concello ao equipo, corpo técnico e directiva, do Distribuciones Carreiras San Ciprián, pertencente ao Club Deportivo San Ciprián, que vén de lograr o ascenso a Primeira División Júnior “logo de callar unha tempada perfecta, na que tiveron que ir superando diferentes eliminatorias, deixando atrás a máis de medio cento de equipos que pelexaban polo mesmo obxectivo dentro da categoría”; xa que tan só ascendía un dos 55 equipos galegos que compartían categoría, “polo que o mérito é tremendo”.
Desde o Concello desexáronlles moitos éxitos na vindeira tempada na que se converterán no primeiro equipo da Mariña en debutar na primeira división, e fixéronlles entrega dunha figura de Sargadelos, como recoñecemento aos logro acadado.