NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO RECIBE AO C.D. SAN CIPRIÁN POLO SEU ASCENSO A PRIMEIRA GALICIA

O rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, déronlles os parabéns ao club e a todo o equipo e corpo técnico por esta xesta que foi materializada na Veiga ante o Muimenta

Quixeron tamén aplaudir a gran tempada asinada pola S.D Candelaria “que pelexou por esa praza ata o último día”

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, recibiron esta tarde na Casa do Concello ao equipo e corpo técnico do C.D. San Ciprián que volve a Primeira Galicia logo de “callar unha fase de ascenso case perfecta, na que apenas sufriron unha derrota, colleitando catro triunfos e un empate nos últimos cinco partidos”.

O rexedor e o edil quixeron felicitar a toda a familia do C.D. San Ciprián por esta xesta que materializaron no Campo da Veiga, vencendo ao Muimenta por 3 a 0 e fixéronlles entrega dunha figura de cerámica de Sargadelos como felicitación polo ascenso “desexándolles moita sorte na vindeira tempada” na que militarán nunha categoría que coñecen ben e que recuperan logo do descenso sufrido no 2019.

Villares e Rodríguez quixeron tamén aplaudir o gran traballo feito polo outro club local a S.D. Candelaria “que asinou unha tempada excepcional e que pelexou ata o último día por ese mesmo obxectivo, chegando a vencer na casa ante o Meira, no derradeiro partido; “todo un orgullo para o noso Concello”, precisaron.

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa