NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO REALIZA UN TRABALLO EXHAUSTIVO DE DESINFECCIÓN DE TODOS OS COLECTORES DO T

A delegación de Sanidade e Medio Ambiente leva todo o mes incidindo especialmente neste aspecto para tentar conter a propagación do virus

Os traballos esténdense ás papeleiras, a todo o mobiliario urbano e espazos públicos tanto das zonas rurais como urbanas do municipio

Editouse ademais unha guía de tratamento dos refugallos dirixida tanto aos fogares con enfermos de COVID-19 ou en corentena, como para aqueles sen positivos, que está dispoñible na redes sociais municipais

 

O Concello de Cervo, a través da delegación de Sanidade e Medio Ambiente, que dirixe Mali Méndez, realiza un traballo exhaustivo de desinfección de todos os colectores do termo municipal.

Tal e como explica Méndez, desde o mesmo inicio da crise sanitaria, vai máis dun mes, entendemos que era fundamental priorizar estas tarefas de desinfección nas zonas especialmente sensibles de uso compartido pola veciñanza como son os diferentes colectores instalados en todo o termo municipal. En concreto, téñense contabilizados e xeolocalizados 545 colectores verdes (de materia orgánica e fracción resto), 179 amarelos (envases, latas...), 44 azuis (papel), 12 vermellos (aceite), e 45 de vidro.

Estas tarefas, a base dunha solución de hipoclorito, esténdense tamén ás papeleiras, a todo o mobiliario urbano e espazos públicos tanto nas zonas rurais como urbanas do municipio.

A edil recorda ademais que se están a realizar estes traballos diariamente nos accesos, e nas inmediacións na unidade residencial da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, do Centro de Día Residencia, e dos centros de saúde de Cervo e San Ciprián.

Desde o Concello de Cervo tamén se editou unha guía para o tratamento dos refugallos dirixida tanto aos fogares con enfermos de COVID-19 ou en corentena, como para aqueles sen positivos, que está dispoñible na redes sociais municipais.

No documento, de maneira gráfica, explícase, como hai que separar os residuos do paciente, o material do coidador e os refugallos domésticos; introducindo na bolsa 1 os restos do enfermo; na bolsa 2 iría a bolsa 1 e o material do coidador; e nunha terceira bolsa introduciríanse a bolsa 2 e os refugallos domésticos; esta terceira bolsa tería que ser depositada no contedor de fracción resto.

Así mesmo, nos fogares nos que non hai detectado ningún caso de coronavirus nin en corentena, os refugallos eliminaranse da maneira habitual. Tamén se recorda que as luvas non son envases e polo tanto deben botarse tamén no contedor de fracción resto; non no amarelo.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa