NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO REABRIRÁ A PISCINA MUNICIPAL O VINDEIRO 15 DE SETEMBRO

Desde esa data volverán estar operativos o vaso e o ximnasio público

As persoas interesadas en facer uso destes servizos deberán reservar cita por vía telefónica no 982 59 45 12

Durante este tempo acometéronse diversas tarefas de mantemento das instalacións que inclúen a renovación integral da rede de subministro de auga; o acondicionamento dun novo almacén e dun cuarto para o material de limpeza ou a habilitación dun novo vestiario para os empregados municipais

O Concello de Cervo reabrirá a piscina olímpica municipal o martes, 15 de setembro, tal e como anunciou o edil de Deportes, David Rodríguez, logo de manter un novo encontro co persoal municipal das instalacións para perfilar os protocolos que xa foron definindo durante este tempo, en materia de prevención do COVID-19.

Neste sentido, tal e como avanzou Rodríguez, desde esa data estarán dispoñibles o vaso e o ximnasio público, dos que as persoas usuarias poderán facer uso “sempre previo reserva vía telefónica” a través do 982594512; para poder ter un control exhaustivo do aforo, que será limitado.

O edil explica que neste tempo xa fomos definindo os protocolos de actuación que iremos pormenorizando en datas próximas, así como os horarios nos que as persoas usuarias poderán desfrutar destas instalacións, que “anunciaremos nos vindeiros días”.

O responsable de deportes, subliñou, así mesmo, que durante este tempo no que nos vimos obrigados a pechar a piscina, estivemos acometendo diversas tarefas de mantemento e adecuación, tales como “a renovación integral da rede de subministro de auga fría e auga quente, que suporá un incremento do caudal de auga nos vestiarios, e unha mellora térmica; o acondicionamento dun novo almacén e dun cuarto para o material de limpeza; ou a habilitación dun novo vestiario para os empregados municipais”.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa