NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO REABRE DESDE ESTE LUNS O VASO DA PISCINA OLÍMPICA MUNICIPAL

 §  Desde onte, 6 de setembro, xa volven a estar operativos tanto o vaso da piscina como o ximnasio público

 

§  Nos vindeiros días daranse a coñecer os diferentes cursos que se impartirán durante a temporada 2021-2022 e os seus respectivos horarios

 

§  Durante este tempo acometéronse diversas tarefas de mantemento e limpeza, ademais de substituír a iluminación do vaso, pintar diferentes partes da instalación e renovar a escaleira de emerxencia

 

Cervo, 7 de setembro de 2021.- O Concello de Cervo reabriu o vaso a piscina olímpica municipal este luns, 6 de setembro.

 

Avanzou David Rodríguez, o edil de deportes, que desde o día de onte están  dispoñibles o vaso e o ximnasio público, dos que as persoas usuarias poderán facer uso “sempre a través de reserva vía telefónica a través do 982594512”; para poder ter un control exhaustivo do aforo, que será limitado.

 

O horario da piscina será de luns a venres en horario de 09:00H a 15:00H e de 16:00H a 22:00H; e os sábados de 09:00H a 13:30H e de 17:30H a 20:30H.

 

O concelleiro avanzou tamén que “nos vindeiros días daranse a coñecer os diferentes cursos que se impartirán na piscina na temporada 2021-2022 cos seus respectivos horarios”.

 

O responsable de deportes apuntou que “durante este tempo no que nos vimos obrigados a pechar a piscina, estivemos acometendo diversas tarefas de mantemento e adecuación. Ademais vimos de substituír a iluminación do vaso, conseguindo así unha mellor eficiencia enerxética e fixemos tamén labores de renovación e pintura en diferentes partes da instalación, ademais de renovar a escaleira de emerxencia”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa