NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO PROGRAMA UNHA NOVA EDICIÓN DE CERVO CONCILIA POLO NADAL

 O  CONCELLO DE CERVO PROGRAMA UNHA NOVA EDICIÓN DE CERVO CONCILIA POLO NADAL

 

 

  • O programa de conciliación familiar, dirixido a crianzas de entre 3 e 12 anos, dará comezo o xoves 22 de decembro e finalizará o venres 7 de xaneiro

 

§  O prazo de inscrición ábrese mañá e remata o vindeiro venres 17 de decembro

 

 

Cervo, de novembro de 2021.-  O Concello de Cervo organiza para este nadal unha nova edición do programa “Cervo Concilia”, que dará comezo o xoves 22 de decembro.

 

Este programa, que vai dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos,  componse dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas nestas datas de lecer, sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias.

 

Estenderase durante as vacacións de nadal, finalizando o venres 7 de xaneiro. O horario de entrada será entre as 09:00h e as 10:00H  e o de saída oscilará entre as 14:00H e as 14:30h, permitindo unha maior flexibilidade a pais e nais.

As inscricións poñeranse disposición das familias na Casa da Cultura de San Ciprián e na Casa do Concello a partir de mañá, 2 de decembro. O prazo para anotarse remata o 17 de decembro e as prazas son limitadas.

Apunta a Delegada de Educación, Dolores García Caramés: “cremos que este programa supón un apoio moi grande ás familias, permitindo tanto a pais como nais conciliar a vida familiar e laboral. Ademais, dotamos ás crianzas dunha gran variedade de actividades multidisciplinares nas que poder entreterse e aprender”.

 

A concelleira apunta tamén “a situación sanitaria require dunha loxística especial, pero desde o Concello queremos facer este esforzo para que o programa se leve a cabo, sempre respectando estritamente todos os protocolos de seguridade exixidos polas autoridades”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa