NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO PROGRAMA UNHA AMPLIA GAMA DE ACTIVIDADES CULTURAIS PARA ESTA PONTE DE DECE

 O  CONCELLO DE CERVO PROGRAMA UNHA AMPLIA GAMA DE ACTIVIDADES CULTURAIS PARA ESTA PONTE DE DECEMBRO

 

§  A programación iníciase o sábado 4 e prolóngase ata o mércores 8 de decembro

 

  • O programación, que pretende atender os intereses de todos os grupos de idade, inclúe concertos, espectáculos circenses e actuacións de patinadores, etc.

 

 

 

Cervo, 02 de decembro de 2021.-  O Concello de Cervo organiza para esta ponte de decembro un amplo abano de actividades culturais.

 

Na tarde de hoxe o alcalde Alfonso Villares e a concelleira de cultura, Dolores García Caramés, xunto co grupo de mozos do concello encargados de organizar as batallas de rap, presentaron na Casa da Cultura o programa de eventos que se desenvolverán desde o sábado 4 ata o mércores 8 de decembro.

 

A programación ábrese o sábado, coa celebración da terceira xornada das batallas de rap no Auditorio da Casa da Cultura ás 16:30H. Este evento é unha novidade dentro da programación cultural de xuventude do Concello, no que mozos e mozas botan a tarde celebrando desafíos entre eles de forma amigable e outro tipo de actividades relacionadas co rap. Máis tarde, ás 21:00H,  Alberto e Ángel Sevilla ofrecerán un concerto na Praza dos Campos dentro do ciclo de concertos O Son do Nordeste.

 

Para a xornada de domingo temos  en Cervo “O legado de Tibu”, un espectáculo de patinadores e música. Dará comezo ás 12:30H na Praza do Souto.

 

O luns 6 de decembro, dentro do ciclo de concertos A Caixa de Música, o grupo Acordeóns da Mariña dará un concerto ás 13:30H na Praza do Souto.

 

Na mañá do martes 7 ás 12:30H, na carpa da Praza dos Campos, teremos o espectáculo circense “Asocirco Show”. Xa pola noite, ás 21:00h , teremos  na carpa da Praza do Souto a Jorge Menéndez, que dará un concerto dentro do ciclo “O Son do Nordeste”.

 

Por último, o mércores 8 de decembro, “A Caixa de Música” pecha a programación da ponte co concerto de  música cubana a cargo do grupo Toxo Guayaba. A cita terá lugar ás 13:30H na Praza dos Campos de San Ciprián.

 

Apunta o rexedor Alfonso Villares: “ofrecemos para esta ponte unha programación ampla e variada, que contén concertos, espectáculos circenses e actividades xuvenís,  cos que pretendemos  atender as inquietudes de todos os grupos de idade”. Recorda que “para os eventos ao aire libre que se van celebrar tanto na Praza dos Campos como na Praza do Souto, temos dúas carpas que se instalaron o mes pasado para a celebración deste tipo de eventos, e protexerá aos asistentes sempre que climatoloxía non acompañe”.

 

Engade Dolores García Caramés que “ desde o concello facemos unha forte aposta pola cultura, pois esta programación é a continuación de todas as actividades que levamos facendo desde o verán e que se seguirán facendo nas seguintes semanas”.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa