NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO PROGRAMA SESIÓNS FORMATIVAS INTERACTIVAS NOS CENTROS ESCOLARES CON MOTIVO D

Tal e como explicou a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, no día de hoxe, en colaboración con Sogama, “afondamos cos escolares nas boas prácticas domésticas á hora de aproveitar os produtos, para xerar así os mínimos residuos posibles”

A Administración local leva unha década promovendo entre a veciñanza unha campaña de compostaxe doméstica na que participan máis de 170 familias

O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, programou sesións didácticas e interactivas nos centros escolares do municipio con motivo da Semana Europea da Prevención de Residuos (do 16 ao 24 de novembro).

A edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, explicou que no día de hoxe, en colaboración con Sogama “quixemos afondar cos nosos escolares nas boas prácticas domésticas para lograr o máximo aproveitamento dos produtos para reducir ao mínimo a xeración de refugallos.

Deste xeito, o Concello de Cervo sumouse á campaña Corta polo san! Reduce residuos” que promove Sogama achegando estas sesións formativas ao CEIP Península da Paz, ao CEIP de Cervo e ao IES Marqués de Sargadelos.

Tal e como precisou Méndez o que pretendemos con esta iniciativa é incidir no consumo responsable no noso día a día –na escola, no tempo de lecer, no fogar- xerando menos residuos, co que contribuímos a aforrar recursos e a preservar o medio ambiente.

As educadoras de Sogama explicáronlle aos pequenos como con pequenos xestos se poden obter grandes beneficios; como priorizando a adquisición de produtos a granel e coa menor embalaxe posible, levando a bolsa da casa á compra ou mercando tan só o que realmente precisemos. Tamén fixeron fincapé na redución do desperdicio alimentario, xa que a composición das nosas bolsas de lixo presenta unha alta porcentaxe de materia orgánica.

Os escolares recibiron unha serie de agasallos e material didáctico, como por exemplo un imán explicativo que recolle graficamente cuestións fundamentais para unha correcta separación dos residuos no fogar.

A edil de Medio Ambiente recordou que o Concello de Cervo promove desde fai xa unha década unha campaña gratuíta de compostaxe doméstica  “na que participan ata o momento máis de 170 familias que xa contan cun destes recipientes no  seu fogar”.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa